Benvinda

Dámosvos a benvinda a ‘Mitoloxía da Coruña‘, web que pretende ofrecer divulgativos e pedagóxicos sobre a mitoloxía da provincia da Coruña. É unha iniciativa de MAOS Innovación Social, S. Coop. Galega, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Principais obxectivos do proxecto:

  • Divulgar a mitoloxía da provincia, como parte fundamental do seu patrimonio cultural inmaterial, da nosa historia e do noso acervo cultural común.
  • Pór en relación a mitoloxía coa identidade e a memoria do territorio e a súa poboación.
  • Fornecer recursos e ferramentas para aproveitamento no ensino ou noutras entidades e persoas que as requiriren.
  • Fomentar a creación doutros proxectos ou actividades ao redor da mitoloxía.
  • Promover o coñecemento xeral sobre a importancia e significación da mitoloxía na nosa sociedade actual.

Tes unha suxestión? Encontraches un erro? Non dubides en pórte en contacto connosco! Escríbenos a info@mitoloxia.gal

Publicada o
Categorizado como Blogue

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *