Mitoloxía da Coruña

Benvidas e benvidos a ‘Mitoloxía.gal‘, un espazo, en constante actualización, que pretende divulgar e dar a coñecer unha parte fundamental do noso patrimonio inmaterial, pondo en relación a riqueza mitolóxica galega coa memoria do territorio e a súa poboación.

Esta é a primeira fase dunha iniciativa de MAOS Innovación Social, S. Coop. Galega, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Nesta etapa, atoparedes unha achega á mitoloxía da provincia da Coruña, mediante a recollida bibliográfica de lendas e mitos localizados por todo o territorio provincial. Conversar coa dama Xelda, subir ao Pico Sacro ou camiñar pola cidade asolagada de Duio, son algunhas das viaxes que podedes facer na nosa páxina web.

Con este percorrido, a través de diferentes elementos mitolóxicos, queremos fomentar e promover o coñecemento xeral sobre a importancia e significación da mitoloxía na nosa sociedade actual, de modo que poida ser o xerme de creación doutros proxectos ou actividades ao redor da mitoloxía. Así como fornecer recursos e ferramentas para o aproveitamento no ensino ou noutras entidades e persoas que as requiriren.

Para estar ao tanto de todas as novidades podedes seguirnos a través de Facebook, Twitter e Instagram.

Tes unha suxestión? Encontraches un erro? Non dubides en pórte en contacto connosco! Escríbenos a info@mitoloxia.gal